Parrillada Ourense Restaurante tradicional
Rianxo ten un lugar especial, cheo de produtos de calidade e con un ambiente excelente: mariscos, peixe fresco, carnes de vacún, cordeiro, cabuxo... e como non con grandes viños da nosa terra e foráneos.
A nosa cartaParrillada en Rianxo
A Parrillada Ourense, un restaurante en Rianxo que segue a tradición, mantén una íntima relación co mar que baña a vila. Os seus produtos chegan directamente da Ribeira.
Xoubas, nécoras, ameixas, mexillóns… son produtos da nosa ría e protagonistas da nosa cociña porque o noso barco, empopado ou en bolina, sempre chega a porto.
As nosas grellas mesmo asan un magnífico bacallau ou un cordeiro inesquecible, dos que fan memoria e fan voltar…
Outra información
- Cociña de 12:00 a 16:00 e de 20:00 a 00:00 h
- Número de garfos: 2
- Comidas por encargo
- Comidas para levar
- Terraza
- 30 mesas para 150 comensais
- Parque infantil

Consulte todas as especialidades que temos dispoñibles para vostede, dende a carne máis sabrosa ata o peixe máis fresco.
Saber máis
Descubra lugares con encanto da nosa localidade, Rianxo ten moito que ver e visitar: paseos, capela, casas importantes...
Saber máis
Contacte connosco para solicitar información ou aclarar calquera dúbida, poñémonos á súa disposición para o que necesite.
Saber máisEn Parrillada Ourense atopará do sabor da nosa ría
No noso restaurante en Rianxo contamos con unha carta moi variada na que os clientes atoparán diferentes receitas baseadas nos produtos das nosas rías e das nosas terras. Todos os ingredientes que utilizamos na elaboración dos nosos menús son de primeira calidade, frescos e chegados das nosas terras e das nosas augas.
Temos elaboracións para tódolos gustos. Así, na nosa carta atopará dende calamares, mexillóns ou navallas ata churrasco de porco ou secreto ibérico pasando polos mellores peixes galegos: lenguado, merluza ou rodaballo.
¡Proba o sabor de Galicia da man de Parrillada Ourense!
Contacte coa Parrillada Ourense
Contacte connosco para reservar unha mesa ou para solicitar máis información.