Servizos de Mamis

Os nosos servizos

En Mamis poderá deixar aos máis pequenos da casa con toda a tranquilidade, tódolos días da semana pola tarde.

Ademais, se o desexa, poderá acompañalos durante o seu tempo de xogos.

No noso centro o neno disfrutará de innumerables xogos indicados para a súa idade, supervisados pola vixilancia do noso persoal.

Tamén se o desexa organizámoslle a festa de aniversario con menús adecuados para a súa idade, xogos variados, música e a posibilidade, se así o desexa, de animadores.

Traia aos seus fillos a desfrutar de miles de xogos e actividades na compaña doutros nenos, será bo para él e tamén para vostede.

Variedade de actividades para os nenos e nenas

O obxectivo do equipo que formamos o noso centro de ocio en Rianxo e conseguir que os nenos e nenas que nos visiten se divirtan xogando e realizando diferentes actividades xunto con outros compañeiros e compañeiras.

Durante todo o tempo que pasen connosco en Mamis os nenos e nenas contarán cunha vixilancia por persoal con gran experiencia no trato con menores. Grazas a isto os pais ou titores poden deixar con total tranquilidade os seus fillos nas nosas instalacións.


Celebra a túa festa con Mamis

Ademais de abrir o noso centro tódalas tardes para realizar actividades cos nenos tamén poñemos a túa disposición as nosas instalacións para celebrar unha festa de aniversario.

Para este tipo de eventos en Mamis decoramos o noso local e, ademais, amenizamos a tarde dos convidados con xogos, música e moitísimas actividades. No noso centro de ocio en Rianxo tamén nos encargamos de preparar os menús para as merendas dos nenos e nenas.

Contacte con Mamis

Contacte connosco para solicitar máis información ou para un presuposto sen compromiso.